mércores, 18 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORIAS PARA NADAL

Por estas datas que mellor que agasallar con un libro. Aquí vós deixamos a escolma feita polo equipo da biblioteca por se alguén quere facerlle algún encargo aos Reis Magos ou Papá Noel.


luns, 25 de novembro de 2019

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano o equipo de biblioteca elaborou un expositor adicado ao día contra a violencia de xénero para que tanto o alumnado como as titoras e titores fixesen uso dos libros nas horas de ler.


xoves, 21 de novembro de 2019

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

O mes de novembro está adicado á ciencia en galego e, este ano, para celebralo dende a biblioteca propúxoselle ao alumando de  5º e 6º de primaria un taller no que crearon un magnífico foguete da man de "ciencia en ruta". 

Aqui vos deixamos algunhas imaxes de tan bonita experiencia.



domingo, 3 de novembro de 2019

CONTOS DE MEDO

Para celebrar o Samaín este ano dende a biblioteca propúxose que os alumnos crearan os seus propios relatos de medo para despois lelos no recreo ao resto dos seus compañeiros.
O resultado foron uns contos terroríficos elaborados en equipos e de xeito individual, nos que os protagonistas foron os zombies, vampiros, bruxas, hoteis encantados…

Aquí vos deixamos a mostra de tan terrorífico día.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcasasnovoa/galeria/thumbnails.php?album=124

xoves, 24 de outubro de 2019

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos este novo curso da biblioteca facendo entrega das mochilas viaxeiras por parte dos
nosos voluntarios da biblio. Como xa sabedes as mochilas van a comezar a viaxar para as casas e poder así disfrutar en familia de distintas lecturas, xogos e información sobre o noso proxecto da biblioteca que este ano se centra nos "mares e océnaos".

Aquí vos deixamos algúns momentos da entrega das mochilas.



luns, 3 de xuño de 2019

CONTACONTOS FAMILIARES



Rematouse o mes de maio e con el a II Edición dos Contacontos Familiares. Dende a biblioteca so nos queda dar as grazas a todas as familias de Educación Infantil que participaron nesta actividade. 

                                 MOITAS GRAZAS A TODAS/OS!!!







MULLERES NA CIENCIA

Este ano dentro do PDI "Experimentando coa Ciencia"  que se puxo en marcha dende a biblioteca os nenos e nenas do cole fixeron uns videos sobre algunhas das mulleres máis relevantes no mundo da ciencia, ben por se pioneiras en algún ámbito como tamén pola relevancia das súas investigación.

Aquí vos deixamos os cógigos QR para que poidades descargar o video.



















luns, 20 de maio de 2019

FESTA DAS LETRAS

O pasado xoves celebramos o Día das Letras Galegas, que como todos sabedes este ano dedicouse a Antón Fraguas. Durante o festival fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso das letras.
Estes foron os premiados:
CATEGORÍA DEBUXO INFANTIL: Xosé Eiras
CATEGORÍA DEBUXO PRIMARIA:  Nuria Naveiro
CATEGORÍA DE RELATO: Xiana Fiaño
CATEGORÍA DE MICRORELATO: Iván Conde.

PARABÉNS A TODOS/AS OS PREMIADOS/AS!


mércores, 15 de maio de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Coa chegada do bo tempo os nenos e nenas de 5º e 6º sairon ao patio xunto cos seus afillados/as de Educación Infantil para lerlles uns contos no patio durante a hora de ler.
Aquí vos deixamos una escolma de fotos das distintas lecturas


FESTA DAS LETRAS

Outro ano máis para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antón Fraguas, no cole celebramos a Festa das Letras.
Aquí vos deixamos o programa das distintas actuacións que van realizar o alumnado de primaria.



martes, 7 de maio de 2019

CONTACONTOS NO DÍA DO LIBRO

O pasado mes de abril tivemos a ocasión de disfrutar dun contacontos organizado pola editorial OQO para as nenas e nenos de infantil e do primeiro ciclo de Primaria. Disfrutaron de contos como "a mellor sopa do mundo" ou  "o galo traganoces " entre outros.
Aqui vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron.




sábado, 4 de maio de 2019

CONTACONTOS FAMILIARES

Para seguir celebrando o mes do libro nesta ocasión contamos coas familias de Carlos e Pablo de  5 anos que leron o conto "Grúfalo" que tanto lles gusta aos seus fillos. Asemade na aula de 4 anos veulles a contrar un conto a nai de Fernando "A vaca qu puxo un ovo".


xoves, 2 de maio de 2019

contacontos familiares

Seguimos cos contacontos familiares. Nesta ocasión as nenas e nenos de tres anos disfrutaron coa nai de Manuel que nos veu a contar o conto "la ovejita que vino a cenar", a nai de Jorge que nos contou o conto "coelliño branco" e xa por último a nai de Lucas veu a contarnos "a cousa que máis doe no mundo".





luns, 29 de abril de 2019

CONTACONTOS FAMILIARES

Seguimos celebrando o mes do libro cos contacontos familiares. Nesta ocasión veu a contarlle un conto aos nenos/as de cinco anos a nai de Mateo C. Fíxolles moita ilusión esta visita e gustoulles moito o conto "El pequeño uno".

martes, 9 de abril de 2019

II EDICIÓN DO CONTACONTOS FAMLIARES

Un ano máis nos meses de abril e maio no colexio celebramos os contacontos famliares. Este ano a encargada de inagurar os contacontos foi a nai de Xosé de catro anos, que lles  contou o conto "A sopa queima". A seguinte mamá en vir a contar o conto foi a nai de Carmen de tres anos, que nos eu a contar "Nadarín".
Aquí´vos deixamos unhas fotiños das dúas sesións.




luns, 18 de febreiro de 2019

BOOKTRAILER

Este ano os nenos  e nenas do Club de Lectura de 6º de Primaria van a facer as súas recomendacións lectoras a través de un booktrailer.
Este é o primerio dos que están elaborando e foi feito por Anxo e Brais.