domingo, 18 de novembro de 2018

CONTOS DE MEDO

Coa chegada do Samaín chegaron as aula de infantil os contos de medo na hora de ler. Cada día ían a unha aula diferente para escoitar un conto de medo. Así escoitaron "Gato Guille e os monstros", "Carabuñas" e "A que teñen medo as bruxas?".





RETO LECTOR

Dende a biblioteca este ano queremos propoñerlle ao alumnado un "reto lector". Para superar o reto teñen que ler cada mes a proposta que se lanza dende a biblio e complear o seu carné.
                                               ÚNETE AO RETO!!!!


mércores, 7 de novembro de 2018

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín as nenas e nenos de 5º prepararon uns contos terroríficos coa axuda da mestra de música usando un teatro de sombras.
Deixamos unha mostra de tan magnífica actividade.