luns, 25 de abril de 2022

TOUPICIENCIA SHOW

O venres 22 de abril tivemos unha visita moi científica na biblioteca! A Toupiña, xunto co seu axudante Protonio, trouxéronnos uns experimentos científicos ben divertidos...!!

A continuación podedes ver que ben o pasaron os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

toupiciencia 

venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO - 23 de abril de 2022

Aquí están!!! Por fin vos podemos ensinar as creacións que varios compañeiros e compañeiras fixeron para celebrar o Día do Libro. 
Con todos os traballiños fixemos un mural para mostrar estas orixinais portadas.

Agradecemos especialmente a participación e implicación do alumnado e das familias que participaron nesta prosta.

Ademais, na seguinte presentación podedes ollar as RECREACIÓNS DE PORTADAS dos libros escollidos por estes nenos e nenas. Todas están xenial!!

Re-Creando 


Por outro lado, realizamos o CONCURSO DE MARCAPÁXINAS entre o alumnado de 6º de primaira. Este ano, a gañadora foi Mar! Noraboa!

Co seu debuxo fixemos os marcapáxinas, que foron entregados hoxe a todo o alumnado. Aquí podedes ver aos nenos e nenas de Primeiro moi contentos co seu agasallo!


"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un LIBRO"
FELIZ DÍA DO LIBRO


venres, 8 de abril de 2022

Proposta para o Día do Libro

Como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro no noso cole. 

Este curso, Marronciña invítavos a que imitedes a PORTADA dun LIBRO ou conto, recreando o que se pode ver na súa cara principal.

Na seguinte presentación podedes saber máis desta proposta e ver algún EXEMPLO que outros nenos fixeron.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!