domingo, 4 de marzo de 2018
APADRIÑAMENTO LECTOR
O mes de marzo ven cargadiño de moitas actividades por parte da biblioteca escolar. Inaguramos o mes co noso primeiro apadriñamento lector do curso, e os primeiros padriños e madriñas foron os nenos e nenas de 4º A e 4º B, que ademais se estreaban nisto de apadriñar aos nenos e nenas de infantil e fixérono moi ben! Este foi o resultado de tan fermosa actividade.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Como todos os cursos o alumnado do colexio conmemorou o 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos sumarnos a iniciativa proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega #AbrideAFiestra. baixo este lema decidimos darlle visibilidade aos seus poemas nas fiestras do noso centro, así como decorar os corredores co seu retrato. Este foi o resultado. Esperemos que vos guste
e!!
xoves, 8 de febreiro de 2018
luns, 15 de xaneiro de 2018
COCIÑA POR NADAL
Para rematar o primeiro trimestre os nenos e nenas do club de lectura de 5º e 6º de Primaria fixeron un pequeno taller de cociña no que elaboraron deliciosas árbores de Nadal e distintas figuras como estrelas, corazóns...
domingo, 17 de decembro de 2017
CLUB DE LECTURA
Este ano no colexio contamos con dous clubes de lectura debido a gran afluencia de nenos e nenas que quixeron participar.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 6º de primaria que participan no club.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 6º de primaria que participan no club.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Dende o equipo de biblioteca fixemos unha pequena selección de contos que poden ser un bo agasallo para todos aqueles nenos e nenas aos que lle gusta ler. Non vos olvidedes de engadir un conto nas vosas cartas aos Reis Magos, Papa Noel e ao Apalpador!
BO NADAL A TODAS E TODOS!
BO NADAL A TODAS E TODOS!
xoves, 14 de decembro de 2017
LECTOR DO MES DE NOVEMBRO
Aínda que a piques de rematar o trimestre non queremos deixar pasar a ocasión para felicitara Yago de 6º de Primaria, que foi o lector máis voraz da nosa biblioteca.
MOITOS PARABÉNS YAGO!
MOITOS PARABÉNS YAGO!
domingo, 10 de decembro de 2017
CLUB DE LECTURA
Este ano no colexio contamos con dous clubes de lectura debido a gran afluencia de nenos e nenas que quixeron participar.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 5º de Primaria que participan no club.
Tanto o club de lectura de 5º como o de 6º están lendo a obra "Escarlatina a pequena cociñeira" de Ledicia Costas.
Estes son os nenos e nenas de 5º de Primaria que participan no club.
O CAMIÑO DE SANTIAGO
xoves, 23 de novembro de 2017
SAMAIN
Dende a biblioteca para celebrar o Samaín fíxose unha escolma de contos terroríficos para que os nenos e nenas puideran disfrutar durante finais de outubro e mediados de novembro de lecturas terroríficas.
LECTORA DO MES
Este ano para fomentar o hábito lector entre o noso alumnado decidimos facerlle unha pequena homenaxe a cada lector/a do mes. A lectora do mes de outubro foi AROA de 4ºA.
MOITOS PARABÉNS!!
venres, 10 de novembro de 2017
BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA
Ola, son MARRONCIÑA a papacontos da biblioteca e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.
Por medio deste blog irémosvos informando das novidades, actividades,
conmemoracións e demais eventos que se leven a cabo dende ou coa
participación da Biblioteca Escolar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





