domingo, 3 de maio de 2020

ACHÉGASE O DÍA DAS NOSAS LETRAS...

O mes de maio é o mes da nosa lingua, pois como sabedes o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas.
O noso idioma conta con palabras fermosas que fan da nosa lingua algo único no mundo. Unha curiosidade...sabiades que temos máis de 70 palabras diferentes para referirnos á choiva?

Este ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca queremos saber cal é a vosa PALABRA preferida en galego.

Para iso, propoñémosvos a seguinte actividade, dirixida a toda a comunidade educativa do centro (mestres, alumnado, familias...)

Pensade a vosa palabra preferida EN GALEGO... facede un carteliño e poñédea ben bonita en papel e facédevos unha foto con ela. Despois, enviádea a bibliotecacasasnovoa@gmail.com
Tedes ata o 14 DE MAIO para participar.

Deixámosvos tamén unha plantilla para escribir a túa palabra favorita, pero tamén podes crear o teu propio letreiro.

Por se che serve de inspiración para escoller a túa palabra...recorda o proxecto sobre o mar e os océanos que estamos a facer no cole...

ESCOLLE A TÚA PALABRA E ANÍMATE A PARTICIPAR!


Ningún comentario:

Publicar un comentario