Se queredes ser os/as máis intelixentes do mundo como é o moucho, atentos a este conto que nos conta Paula Carballeiras!
martes, 31 de marzo de 2020
domingo, 29 de marzo de 2020
GaliciaLE
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Prema na imaxe para saber máis sobre este recurso.
Pero, como podes acceder aos contidos?
Se tes carné das bibliotecas públicas galegas, podes entrar co teu usuario e contrasinal.
Se non é así, primeiro deberás rexistrarte na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e introducir os teus datos.
Despois, recibirás un correo eléctronico co teu "Usuario" e "Contrasinal", cos que xa poderás acceder a todas as propostas de GaliciaLe.
Anímate a entrar e desfruta con todos os libros e películas que aí podes encontrar!
venres, 27 de marzo de 2020
DÍA DO TEATRO: 27 de Marzo
O día mundial do teatro celébrase cada ano o 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961. O seu obxectivo principal é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
O teatro é un xénero que se caracteriza por unha posta en escena dun grupo de artistas, frente a un público onde se representan múltiples escenas. É unha das artes escénicas máis importantes, e nel atopamos diferentes elementos que, uníndoos, dan lugar a un marabilloso espectáculo.
Dende a Biblio do cole queremos deixarvos un tipo de teatro que aos nenos/as nos encanta.
Trátase do teatro de sombras!
Neste caso dun conto.
Aquí vos queda!
Pandemia de contos: As zapatillas de Abul
Seguimos coa nosa ¨hora de ler¨ e coa Pandemia de Contos proposta polo colectivo NOGA #narracionoralgalega.
Esta vez traemos un conto enfocado para os máis maiores do cole. Trátase dun conto que pertence ás Mil e unha noites e chámase As zapatillas de Abul.
Pincha enriba da imaxe
xoves, 26 de marzo de 2020
PROPOSTAS DE POEMAS "DIA DA POESÍA"
Para facilitar a búsqueda dos poemas para a poder levar a cabo a proposta lanzada dende a biblioteca, deixamos unha carpeta na que poderedes escoller o poema que máis vos guste.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
mércores, 25 de marzo de 2020
Albert Uderzo - Astérix
Onte deixounos un gran debuxante e guionista, Albert Uderzo. Con el e os seus debuxos, pasamos moitos ratos divertidos lendo cómics. Un dos máis famosos, nos que colaborou como debuxante, foi Astérix.
Por iso quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe, enlazándovos nesta presentación, algún cómic, así como a película de As doce probas de Astérix, para que o poidades desfrutar dende a casa.
Para aprender un pouco máis acerca do cómic, atopamos este vídeo moi interesante onde nos explican os elementos do mesmo. Botádelle un ollo!
Por iso quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe, enlazándovos nesta presentación, algún cómic, así como a película de As doce probas de Astérix, para que o poidades desfrutar dende a casa.
Para aprender un pouco máis acerca do cómic, atopamos este vídeo moi interesante onde nos explican os elementos do mesmo. Botádelle un ollo!
martes, 24 de marzo de 2020
Pandemia de contos: Pelostortos
Para facer máis levadeira esta corentena, o colectivo NOGA (Narración Oral Galega), está compartindo uns contos para que poidamos desfrutar mellor o #euquedonacasa, baixo o nome de Pandemia de contos.
Contado por Atenea García...
Aproveitamos de paso, a canción de Almudena Janeiro, do seu Libro/Cd Contos en Cantos.
Nel aparece recollida a canción deste conto.
Deixámosvos un vídeo onde interpretan a canción os nenos/as de 1º de Primaria.
Agardamos que vos guste!
Agardamos que vos guste!
¨Antes me leven as almas en pena,
que darvos un figo da miña figueira!¨
domingo, 22 de marzo de 2020
22 DE MARZO: día mundial da auga!
Hoxe celébrase o día da Auga,que foi proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Río de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
Dende a biblioteca queremos unirnos a esta celebración, e aínda que non podemos celebrala, por mor das circunstancias actuais, deixamos un vídeo e varios xogos cos que poder entender a importancia da auga e da reciclaxe.
XOGO. NESTA CASA NON SE TIRA NADA
XOGO DE ASOCIAR (3-6 ANOS)
O LIXO AO SEU CONTEDOR
sábado, 21 de marzo de 2020
8 de Marzo: día da muller!
O pasado 8 de marzo as nenas e nenos de infantil coñecemos un conto que nos gustou moito, titulado "Bonitas" e no cal as nenas son as protagonistas.
Tanto nos gustou que para celebrar o Día da Muller decidimos versionar o conto e este foi o resultado.
Tanto nos gustou que para celebrar o Día da Muller decidimos versionar o conto e este foi o resultado.
venres, 20 de marzo de 2020
KALANDRAKA TV
Nestes días tan estraños, compartimos contos contados que nos propoñen dende Kalandraka TV.
Deixamos aquí o enlace para os interesados/as.
mércores, 11 de marzo de 2020
Contacontos a cargo da Librería Aenea
Hoxe o alumnado dende Infantil a 3º de Primaria, disfrutamos dunha sesión de contacontos por parte de Lola, da librería Aenea, que nos contou un pouco acerca do seu traballo e tróuxonos xogos e contos moi interesantes.
O que máis nos gustou foi o que nos contou co Kapla (xogo de madeira para facer construcións) que narraba a historia dun home que coa axuda dos animais do bosque construiu unha casa cun gran mirador.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños da sesión.
sábado, 7 de marzo de 2020
8 DE MARZO
Dende a biblioteca tamén nos sumamos á celebración do día da Muller Traballadora facendo unha exposición de libros nos cales as mulleres son as protagonistas.
Deixamos asemade un enlace da ONU sobre este tema moi interesante.
martes, 3 de marzo de 2020
ROSALÍA DE CASTRO. ERRANTES POLO MUNDO
Para aquelas familias que non poidan vir ao cole a ver a nosa exposición "Errantes polo mundo".
Deixamos aquí unhas fotiños da mesma. A imaxe de Rosalía foi pintada polo alumnado e foron cedidas polo artista "Juanlu Nacha". Moitas grazas Juanlu!
Esperamos que vos guste!
luns, 2 de marzo de 2020
EXPOSICIÓN ERRANTES POLO MUNDO
Seguindo coas actividades para conmemorar o Día de Rosalía no cole elaboramos unha mostra de fotografías nas que rendemos unha pequena homenaxe aos nosos familiares que por distintos motivos tiveron que marchar a outros paises.
Animádevos a visitar a exposición!!
domingo, 1 de marzo de 2020
2019-20 DÍA DE ROSALÍA_Alborada e outros poemas
Para celebrar o día de Rosalía de Castro, o alumando do centro fixo un vídeo explicando un pouco a súa biografía e tamén recitando dous dos seus poemas: "O moucho e Alborada".
Na aula de música estiveron traballando coa canción "Na lingua que eu falo" de Najla Shami, para conmemorar a Rosalía de Castro e o día das lingua materna (21 de febrero).
Aquí vos deixamos o enlace de todo o traballado estes días de Febreiro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)