martes, 20 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN!

Ola nenas e nenos!

Como está a punto de rematar o curso e non nos veremos ata setembro déixovos  unhas recomendacións de libros para que este verán poidades ler na praia ou na piscina... 

                                         BO VERÁN!!!

                                               Marronciña

PD. pincha na imaxe para acceder ao documento

luns, 19 de xuño de 2023

Apadriñamento lector II

O apadriñamento lector é unha actividade posta en marcha de animación á lectura. 

O venres 16 de xuño, Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria escolleron un conto para lles ler aos nenos de infantil, 1º e 2º de primaria. O éxito foi rotundo de novo, e o tempo acompañou.

Aquí vos deixamos unhas fotiños!



martes, 6 de xuño de 2023

Apadriñamento lector

Este martes 6 de xuño levamos a cabo o apadriñamento lector. Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria escolleron un contiño para lerlles aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.

Deixámosvos unhas fotiños a continuación para que poidades ver o ben que o pasaron!

domingo, 4 de xuño de 2023

Gañadores do concurso das Letras

Marronciña por fin desvelou o segredo mellor gardado deste trimestre... as/os gañadores do Certame das Letras Galegas!