venres, 13 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 O 17 de maio é un día moi especial para o noso idioma, pois celébrase o día das nosas letras, das LETRAS GALEGAS.

Este curso no cole continuamos coa iniciativa do Concurso das Letras, con 3 categorías de participación. O vindeiro luns 16, coñeceremos o gañador de cada categoría. Sorte a todos e grazas aos que presentaron os seus traballiños!

Por outro lado, tamén o luns, celebraremos no centro o Día das Letras, coa actuación de Paco Nogueiras! Bailaremos e cantaremos con este músico tan divertido!

 


Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


Para coñecer máis sobre o autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que vos levarán a web do Seminario Galán e a páxina da Primavera das Letras
Navegando nestas páxinas poderedes investigar e coñecer máis a este escritor galego.

Prema nas imaxes para acceder ás ligazóns:
             


Despois de investigar, podedes tratar de resolver este Genially con preguntas sobre o autor e a súa biografía, elaborado polo profesorado do CEIP Fondo Nois. Animádevos a participar!

luns, 2 de maio de 2022

APADRIÑAMENTO LECTOR

 O pasado venres, 29 de abril, aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos de 1º e 4º de primaria sairon ao patio durante a Hora de ler. Pero non foi un momento de lectura calquera...os nenos e nenas de 4º escolleron na biblioteca contos para lerlle aos máis pequenos. 

Os maiores contaban moi ben os contos...e os pequenos desfrutaron un montón!

Seguro que pronto volveremos repetir!


Apadriñamento lector