martes, 26 de maio de 2020

#HISTORIAS CATIVAS

Rosa Aneiros, a nosa autora de este ano no club de lectura da biblio, compartiu estes días nas redes sociais (Facebook e Twitter)  unha iniciativa de lectura e escritura co cancelo #historiascativas que quixo compartir con aulas galegas.  
Deixamos o enlace para que os nenos/as de 5º e 6º de primaria poidan ler e coñecer algo máis da escritora de "Xelís, o guieiro das botellas de mar".




domingo, 17 de maio de 2020

Cales son as nosas palabras favoritas do galego?

Seguro que xa todos/as vístedes cales son as palabras favoritas do noso cole pero de todos xeitos deixamos o fermoso vídeo no blog da biblio para rematar o Día das Letras Galegas.


MOITAS GRAZAS A TODO@S OS QUE PARTICIPÁSTEDES!!!

venres, 15 de maio de 2020

Letras Galegas 2020!





En dous días chega unha data moi importante para os galegos e galegas. 
Como ben sabedes, cada ano o 17 de maio festexamos o día das nosas letras, as Letras Galegas. Este ano van adicadas ao escritor Ricardo Carvalho Calero





Propoñémosvos estes xogos a modo de retos, para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra deste autor. Son ¨Escape Room virtuais¨, para ver quen é capaz de superalos e chegar ao final.

Lembrade ampliar abaixo á dereita para poder velo con maior facilidade e tamén podedes activar/desactivar a música de fondo.
Non vos esquezades contarnos en comentarios quen o logrou.
SORTE!

1) RECOMENDACIÓN PARA PRIMARIA:


2) RECOMENDACIÓN PARA INFANTIL:


martes, 12 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO E O MAR

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e o mar sempre foi moi importante na súa vida, aínda que en moitas ocasións non puidera estar preto del. 
No cole o mar tamén estaba moi presente este ano, aínda que por motivos moi diferentes, xa que na época na que naceu Ricardo o mar non estaba tan contaminado. 
Premede na palabra mar que vos levará ata o xogo no que teredes que demostrar canto sabedes deste escritor e mestre, e tamén sobre o mar.

luns, 11 de maio de 2020

PALABRA FAVORITA EN GALEGO

Comezamos a semana das nosas letras e queremos recordar que ainda estades a tempo para participar na actividade "A MIÑA PALABRA FAVORITA". Pensade unha palabra que vós guste moito en galego e facede un cartel para mandala ao correo da biblio. Podedes usar a plantilla que se colgou en entradas anteriores (achégase o día das nosas letras) ou ben crear a vosa propia plantilla.
Podedes participar ata o 14 de maio, tanto o alumando como o resto da familia.

ANIMÁDEVOS A  PARTICIPAR!!!!

ENVIADE AS VOSAS PALABRAS A: bibliotecacasasnovoa@gmail.com 

venres, 8 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Como está moi próximo o día das Letras Galegas que este ano como todos sabedes se dedica ao escritor Ricardo Carvalho Calero e para que vós vaiades preparando para os xogos que estamos argallando dende a biblioteca, deixamos unha pequena biografía elaborada polo Seminario Galán

domingo, 3 de maio de 2020

ACHÉGASE O DÍA DAS NOSAS LETRAS...

O mes de maio é o mes da nosa lingua, pois como sabedes o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas.
O noso idioma conta con palabras fermosas que fan da nosa lingua algo único no mundo. Unha curiosidade...sabiades que temos máis de 70 palabras diferentes para referirnos á choiva?

Este ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca queremos saber cal é a vosa PALABRA preferida en galego.

Para iso, propoñémosvos a seguinte actividade, dirixida a toda a comunidade educativa do centro (mestres, alumnado, familias...)

Pensade a vosa palabra preferida EN GALEGO... facede un carteliño e poñédea ben bonita en papel e facédevos unha foto con ela. Despois, enviádea a bibliotecacasasnovoa@gmail.com
Tedes ata o 14 DE MAIO para participar.

Deixámosvos tamén unha plantilla para escribir a túa palabra favorita, pero tamén podes crear o teu propio letreiro.

Por se che serve de inspiración para escoller a túa palabra...recorda o proxecto sobre o mar e os océanos que estamos a facer no cole...

ESCOLLE A TÚA PALABRA E ANÍMATE A PARTICIPAR!


venres, 1 de maio de 2020

ACCIÓNS DOS 3R PARA CELEBAR O DÍA DA TERRA

As nenas e nenos do cole saben moi ben cales son as accións que necesitamos poñer en marcha todos para evitar a contaminación e coidar o noso planeta. 

MIRADE QUE BEN O FAN!!