martes, 30 de maio de 2023

O mércores 31 de maio...

Mañá mércores 31, despediremos o mes de Maio coa proposta de varias actividades.

Comezaremos coa canción dos Maios, preparada na Aula de Música. Cada curso cantará a canción arredor do Maio diseñado pola súa aula acompañada con paus.

Logo desto levarase a cabo a entrega de premios do Certame das Letras Galegas, onde como xa sabedes, haberá catro gañadores/as, un por categoría.

Posteriormente faremos o Troco, intercambiando contos cos nosos compañeiros/as. Por cada conto darase un Sionllo co que poderán ¨mercar¨ un novo conto.

E finalmente inauguramos os novos xogos do patio

Tarde completa verdade? Aló imos!

venres, 26 de maio de 2023

Certame das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os traballos presentados para o Certame das Letras GalegasPodedes acceder a eles ¨pinchando¨ co rato na seguinte imaxe. Alí arriba á dereita poderedes ir pasando páxina para ver a seguinte categoría. 


Moita sorte a todos e todas. 
O mércores 31 faremos a entrega de premios!

mércores, 24 de maio de 2023

contacontos 3R

 Hoxe na escola tivemos unha sesión de contacontos moi especial da man de "A xanela do Maxín" para falarnos da importancia de coidar o noso medio ambiente e as 3R: reducir, reutilizar e reciclar. 

Aquí vos deixamos unha mostra desta actividade.




venres, 12 de maio de 2023

CONTACONTOS FAMILIARES.

Estes días os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria tiveron a ocasión de disfrutar duns contacontos moi especiais da man das súas familias.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade. 



mércores, 10 de maio de 2023

BOOKTUBERS DÍA DO LIBRO 2023

 Estes días a biblioteca encheuse de verdadeiros booktubres que nos deixaron unhas recomendacións lectoras do máis interesantes. 


martes, 2 de maio de 2023

LER DACHE ÁS

 O mes de abril veu cargadiño de libros, e para celebralo Os nenos e nenas de infantil e primeiro quixeron facer as súas recomendacións dun xeito moi especial xa que os libros son unha forma de voar e coñecer novos mundos. 

Pincha na imaxe para ver as nosas recomendacións!