mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA

No día de hoxe, 23 de febreiro, celébrase o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das autoras máis importantes da Literatura Galega.

Para celebrar esta data, no cole decidimos realizar as actividades que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), baixo o lema deste ano #SEMENTADEPENSAMENTOS.

As aulas de primaria e infantil elaboraron cadansúa FLOR (un pensamento, pois é a flor favorita de Rosalía) e escribiron en cada un dos seus cinco pétalos, versos dalgúns poemas da escritora. Así quedou o noso mural:

Ademais, o alumnado de Infantil, 4ºEP e 5ºEP tamén gravou uns videos recitando algúns poemas de Rosalía. Por outro lado, os nenos e nenas de 1ºEP representaron con debuxos e bailes a canción "Alborada", do libro-CD Rosalía Pequeniña, de Uxía.

Na seguinte presentación podedes ver todas as actividades realizadas,. Esperamos que vos gusten!!

mércores, 2 de febreiro de 2022

30 de XANEIRO - DIA DA PAZ

Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este curso no cole celebrámolo coa creación dun muro moi especial, pois nel recollénse palabras de PAZ que cada alumno e alumna quixo plasmar no seu ladrillo. 

Está construído con tetrabricks reutilizados, para concienciar da necesidade de reutilizar materiais e de diminuír a contaminación de mares e océanos, enmarcado dentro do proxecto da biblioteca.


Ademais, no expositor das conmemoracións están dispoñibles varios libros interesantes relacionados coa Paz e a Non Violencia.

Por outro lado, celebramos este día con música, creando un vídeo coa canción "Día da Paz" de Pablo Díaz. A continuación podedes ver que ben o fan os alumnos/as da Sionlla, neste bonito vídeo editado pola profe de música Ana Sanchez. Que gran traballo o de todos! 

Na Sionlla queremos a paz non só un día, senón todos os días no ano!