martes, 19 de xuño de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Dende a biblioteca recomendamos os seguintes libros para disfrutar nos días de praia e en familia.
Esperamos que sexan do voso agrado!
lectores avanzadoslectores expertosPrelectores         



martes, 5 de xuño de 2018

CONTACONTOS FAMILIARES

O mes de maio rematou e con el as sesións dos "CONTACONTOS FAMILIARES". Dende o equipo da biblioteca non queremos deixar pasar a oportunidade de darlle as gracias a todas as familias que participaron nesta primeira edición duns contacontos tan especiais.
Durante estes días pasaron pola biblioteca a mamá de Fernando e a mamá de Héctor de tres así como o padriño de David tamén de tres anos. Ademais os nenos/as de 5 anos disfrutamos cos contos que nos contou a nai de Alejandra, Lucía, Dani e Noa Cortés.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.









domingo, 20 de maio de 2018

CLUB DE LECTURA

Este ano para rematar a actividade do club de lectura coas nenas e nenos de 5º e 6º tivemos a sorte de contar coa escritora Ledicia Costas que nos contou moitas cousas interesantes sobre o seu traballo e contestou as preguntas que lle fixeron os rapaces sobre os libros... incluso nos adiantou algunha primicia sobre o seu próximo libro, a segunda parte da "Señorita Bubble" que leron os nenos e nenas de 6º.









FESTA DAS LETRAS

O pasado mércores celebrouse no colexio a Festa das letras para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano se adicou a María Victoria Moreno. Este ano os gañadores do concurso das letras foron David Rial de tres anos, Noa Maroño de primeiro, Laura Lameiro de cuarto B e Paula Fole de sexto.
                         
                                        MOITOS PARABENS!!!!


martes, 8 de maio de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Inaguramos o mes das Letras Galegas con un novo "apadriñamento lector" que neste mes volveron a facer as nenas e nenos de 4º de primaria, os cales xa son todos uns expertos e expertas.












O PRINCIPIÑO

Dentro das actividades para conmemorar o Día do Libro este ano todo o alumnado de primaria leu a obra "O Principiño" durante a Hora de Ler.


CONTACONTOS FAMILIARES

Os nenos e nenas de infantil seguen a gozar cos contos lidos polas súas familias. Aqui vos deixamos unha mostra dos contos lidos pola nai de Pablo de 4 anos, a nai de Antía de 5 e os pais de David tamén de 5 anos.



mércores, 2 de maio de 2018

CONTACONTOS FAMILIARES

Este ano para conmemorar o Día do Libro ademais do tradicional troco de libros dende a biblioteca puxemos en marcha a "I Edición de Contacontos Familiares", no cal as familias de Educación Infantil poden vir a contarlles un conto aos mais cativos e cativas do colexio.
Como a actividade tivo moi boa acollida prolongarase durante todo o mes de maio.
Estas son as primerias mostras dunha actividade tan especial.





domingo, 15 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Como xa fixemos no mes de marzo o mes do libro traénos outra nova sesión da actividade "apadriñamento lector", neste caso levado a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
Ao igual que os seus compañeiros/as de 4º léronlle contos aos nenos/as de Infantil que xa agardan impacientes por unha nova sesión de esta lectura tan especial.



luns, 2 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA E AMIMACIÓN Á LECTURA

A última semana do trimestre veu cargada de moitas actividades na biblioteca. Así para celebrar o día da Poesía o alumnado creou os seus propios poemas para colocar nos corredores do colexio e despois cada clase seleccionou o poema que máis lle gustou. Os poemas seleccionados foron os que se recitaron os días 21 e 23 de marzo na biblioteca do centro. Asemade o día 22 tivemos a visita dunha contacontos. 
Aqui deixamos unhas imaxes da actividade e algúns dos poemas creados polos nenos e nenas. Esperamos que vos guste!






DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano dende a biblioteca quixemos celebrar o Día  Internacional da Muller  (8 de marzo) cun xogo no cal as nenas e nenos do colexio tiñan que descubrir a que importantes mulleres se estaban a referír as pistas que estaban colgadas na entrada da biblio, e de este xeito renderlles unha pequena homenaxe.
A  actividade tivo moi boa acollida por parte do alumnado, sobre todo do terceiro ciclo, e para que garden un recorde de este día obsequiamos a todos os participantes con unhas chapas conmemorativas.



LECTORES DO MES

Aínda que con bastante retraso aquí deixamos as fotos dos nenos e nenas lectores do mes de xaneiro, febreiro e marzo. Desculpade as molestias.




domingo, 4 de marzo de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

O mes de marzo ven cargadiño de moitas actividades por parte da biblioteca escolar. Inaguramos o mes co noso primeiro apadriñamento lector do curso, e os primeiros padriños e madriñas foron os nenos e nenas de 4º A e 4º B, que ademais se estreaban nisto de apadriñar aos nenos e nenas de infantil e fixérono moi ben! Este foi o resultado de tan fermosa actividade.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como todos os cursos o alumnado do colexio conmemorou o 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos sumarnos a iniciativa proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega #AbrideAFiestra. baixo este lema decidimos darlle visibilidade aos seus poemas nas fiestras do noso centro, así como decorar os corredores co seu retrato.  Este foi o resultado. Esperemos que vos guste




e!!

xoves, 8 de febreiro de 2018

luns, 15 de xaneiro de 2018

COCIÑA POR NADAL

Para rematar o primeiro trimestre os nenos e nenas do club de lectura de 5º e 6º de Primaria fixeron un pequeno taller de cociña no que elaboraron deliciosas árbores de Nadal e distintas figuras como estrelas, corazóns...