AAsamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou no 2007 este día para poñer de manifesto a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista(TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Este ano a campaña está centrada na educación e o traballo baixo o seguinte lema: “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias máns sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflexando así a diversidade existente dentro do espectro del autista.
O conto "El cazo de Lorenzo" é unha fermosa metáfora das dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día as persoas con trastorno do espectro autista.
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Prema na imaxe para saber máis sobre este recurso.
Pero, como podes acceder aos contidos?
Se tes carné das bibliotecas públicas galegas, podes entrar co teu usuario e contrasinal.
O día mundial do teatro celébrase cada ano o 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961. O seu obxectivo principal é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
O teatro é un xénero que se caracteriza por unha posta en escena dun grupo de artistas, frente a un público onde se representan múltiples escenas. É unha das artes escénicas máis importantes, e nel atopamos diferentes elementos que, uníndoos, dan lugar a un marabilloso espectáculo.
Dende a Biblio do cole queremos deixarvos un tipo de teatro que aos nenos/as nos encanta.
Para facilitar a búsqueda dos poemas para a poder levar a cabo a proposta lanzada dende a biblioteca, deixamos unha carpeta na que poderedes escoller o poema que máis vos guste.
Onte deixounos un gran debuxante e guionista, Albert Uderzo. Con el e os seus debuxos, pasamos moitos ratos divertidos lendo cómics. Un dos máis famosos, nos que colaborou como debuxante, foi Astérix.
Por iso quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe, enlazándovos nesta presentación, algún cómic, así como a película de As doce probas de Astérix, para que o poidades desfrutar dende a casa.
Para aprender un pouco máis acerca do cómic, atopamos este vídeo moi interesante onde nos explican os elementos do mesmo. Botádelle un ollo!
Se vos apetece probar que se sinte como debuxante/guionista, aquí vos deixamos unhas plantillas para que fagades a vosa pequena historieta. Se queredes estaríamos encantadas de recibir algunha no email de biblio:
Para facer máis levadeira esta corentena, o colectivo NOGA (Narración Oral Galega), está compartindo uns contos para que poidamos desfrutar mellor o #euquedonacasa, baixo o nome de Pandemia de contos.
Contado por Atenea García...
Aproveitamos de paso, a canción de Almudena Janeiro, do seu Libro/Cd Contos en Cantos.
Nel aparece recollida a canción deste conto.
Deixámosvos un vídeo onde interpretan a canción os nenos/as de 1º de Primaria. Agardamos que vos guste!
¨Antes me leven as almas en pena, que darvos un figo da miña figueira!¨
Hoxe celébrase o día da Auga,que foi proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Río de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
Dende a biblioteca queremos unirnos a esta celebración, e aínda que non podemos celebrala, por mor das circunstancias actuais, deixamos un vídeo e varios xogos cos que poder entender a importancia da auga e da reciclaxe.
O pasado 8 de marzo as nenas e nenos de infantil coñecemos un conto que nos gustou moito, titulado "Bonitas" e no cal as nenas son as protagonistas. Tanto nos gustou que para celebrar o Día da Muller decidimos versionar o conto e este foi o resultado.
Hoxe o alumnado dende Infantil a 3º de Primaria, disfrutamos dunha sesión de contacontos por parte de Lola, da librería Aenea, que nos contou un pouco acerca do seu traballo e tróuxonos xogos e contos moi interesantes.
O que máis nos gustou foi o que nos contou co Kapla (xogo de madeira para facer construcións) que narraba a historia dun home que coa axuda dos animais do bosque construiu unha casa cun gran mirador.
Dende a biblioteca tamén nos sumamos á celebración do día da Muller Traballadora facendo unha exposición de libros nos cales as mulleres son as protagonistas.
Deixamos asemade un enlace da ONU sobre este tema moi interesante.
Seguindo coas actividades para conmemorar o Día de Rosalía no cole elaboramos unha mostra de fotografías nas que rendemos unha pequena homenaxe aos nosos familiares que por distintos motivos tiveron que marchar a outros paises.
Para celebrar o día de Rosalía de Castro, o alumando do centro fixo un vídeo explicando un pouco a súa biografía e tamén recitando dous dos seus poemas: "O moucho e Alborada".
Na aula de música estiveron traballando coa canción "Na lingua que eu falo" de Najla Shami, para conmemorar a Rosalía de Castro e o día das lingua materna (21 de febrero).
Aquí vos deixamos o enlace de todo o traballado estes días de Febreiro.