martes, 7 de abril de 2020

DÍA DA POESÍA


Lembrade que aínda estades a tempo de participar na actividade día da poesía e mandarnos un vídeo.

1. Escolle un poema relacionado co mar. (Propostas)

2. Grávate lendo o poema.

3. Coa axuda dos teus maiores manda o vídeo ao correo da biblioteca  "bibliotecacasasnovoa@gamil.com"

sábado, 4 de abril de 2020

PROPOSTAS PARA O DIA DO LIBRO

Co mes de abril chega o mes dos libros e este ano dende a biblio propoñemos tres actividades que podedes facer dende as vosas casas e despois mandarnos ao correo, o prazo de entrega remata o 17 de abril.
Podedes escoller unha das que máis vos guste.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

venres, 3 de abril de 2020

HORA DE LER: YO VOY CONMIGO

Para rematar esta semana na casa deixamos un conto que fala da importancia de querernos a nós mesmos. Rozalén pon voz a este fermoso libro que esperamos que vos guste tanto como a nós.




xoves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADE ORIENTACIÓN: 2 de abril

Dende o Departamento de Orientación do cole, tráennos esta proposta para o día mundial de concienciación sobre o autismo. Podedes vela no seu blog
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou no 2007 este día para poñer de manifesto a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Este ano a campaña está centrada na educación e o traballo baixo o seguinte lema: “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias máns sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflexando así a diversidade existente dentro do espectro del autista.

O conto "El cazo de Lorenzo" é unha fermosa metáfora das dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día as persoas con trastorno do espectro autista.

Día do Libro Infantil e Xuvenil

INICIATIVAS QUE NOS GUSTAN:

Para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, Paco Nogueiras ofrece dende as súas redes sociais un concerto en directo.
Animádevos a cantar e bailar co seu libro/Cd.



martes, 31 de marzo de 2020

UN CONTO MOOI buuu buuuu bunito!

Se queredes ser os/as máis intelixentes do mundo como é o moucho, atentos a este conto que nos conta Paula Carballeiras!

domingo, 29 de marzo de 2020

GaliciaLE


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Prema na imaxe para saber máis sobre este recurso.


Pero, como podes acceder aos contidos?

Se tes carné das bibliotecas públicas galegas, podes entrar co teu usuario e contrasinal.

Se non é así, primeiro deberás rexistrarte na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e introducir os teus datos. 
Despois, recibirás un correo eléctronico co teu "Usuario" e "Contrasinal", cos que xa poderás acceder a todas as propostas de GaliciaLe. 

Anímate a entrar e desfruta con todos os libros e películas que aí podes encontrar! 

venres, 27 de marzo de 2020

DÍA DO TEATRO: 27 de Marzo

O día mundial do teatro celébrase cada ano o 27 de marzo e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961. O seu obxectivo principal é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

O teatro é un xénero que se caracteriza por unha posta en escena dun grupo de artistas, frente a un público onde se representan múltiples escenas. É unha das artes escénicas máis importantes, e nel atopamos diferentes elementos que, uníndoos, dan lugar a un marabilloso espectáculo.

Dende a Biblio do cole queremos deixarvos un tipo de teatro que aos nenos/as nos encanta. 
Trátase do teatro de sombras!
Neste caso dun conto. 
Aquí vos queda!

Pandemia de contos: As zapatillas de Abul



Seguimos coa nosa ¨hora de ler¨ e coa Pandemia de Contos proposta polo colectivo NOGA #narracionoralgalega.

Esta vez traemos un conto enfocado para os máis maiores do cole. Trátase dun conto que pertence ás Mil e unha noites e chámase As zapatillas de Abul.


Pincha enriba da imaxe



xoves, 26 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE POEMAS "DIA DA POESÍA"



Para facilitar a búsqueda dos poemas para a poder levar a cabo a proposta lanzada dende a biblioteca, deixamos unha carpeta na que poderedes escoller o poema que máis vos guste.



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Albert Uderzo - Astérix

Onte deixounos un gran debuxante e guionista, Albert Uderzo. Con el e os seus debuxos, pasamos moitos ratos divertidos lendo cómics. Un dos máis famosos, nos que colaborou como debuxante, foi Astérix. 


Por iso quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe, enlazándovos nesta presentación, algún cómic, así como a película de As doce probas de Astérix, para que o poidades desfrutar dende a casa.



Para aprender un pouco máis acerca do cómic, atopamos este vídeo moi interesante onde nos explican os elementos do mesmo. Botádelle un ollo!


Se vos apetece probar que se sinte como debuxante/guionista, aquí vos deixamos unhas plantillas para que fagades a vosa pequena historieta. Se queredes estaríamos encantadas de recibir algunha no email de biblio:
bibliotecacasasnovoa@gmail.com



martes, 24 de marzo de 2020

Pandemia de contos: Pelostortos

Para facer máis levadeira esta corentena, o colectivo NOGA (Narración Oral Galega), está compartindo uns contos para que poidamos desfrutar mellor o #euquedonacasa, baixo o nome de Pandemia de contos.
Contado por Atenea García...


Aproveitamos de paso, a canción de Almudena Janeiro, do seu Libro/Cd Contos en Cantos.

Nel aparece recollida a canción deste conto.
Deixámosvos un vídeo onde interpretan a canción os nenos/as de 1º de Primaria.
Agardamos que vos guste!


¨Antes me leven as almas en pena,
que darvos un figo da miña figueira!¨


domingo, 22 de marzo de 2020

22 DE MARZO: día mundial da auga!

Hoxe celébrase o a da Auga,que foi  proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Río de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos. 

Dende a biblioteca queremos unirnos a esta celebración, e aínda que non podemos celebrala, por mor das circunstancias actuais, deixamos un vídeo e varios xogos cos que poder entender a importancia da auga e da reciclaxe. 


XOGO. NESTA CASA NON SE TIRA NADA


XOGO DE ASOCIAR (3-6 ANOS) 


XODO DE SECUENCIAS (6-12 ANOS) CORRE E PERCORRE


O LIXO AO SEU CONTEDOR

Vídeos "Cuidado del Agua" | UNESCO

sábado, 21 de marzo de 2020

CONCURSO: día da poesía!


8 de Marzo: día da muller!

O pasado 8 de marzo as nenas e nenos de infantil coñecemos un conto que nos gustou moito, titulado "Bonitas" e no cal as nenas son as protagonistas. 
Tanto nos gustou que para celebrar o Día da Muller decidimos versionar o conto e este foi o resultado.


venres, 20 de marzo de 2020

KALANDRAKA TV

Nestes días tan estraños, compartimos contos contados que nos propoñen dende Kalandraka TV.

Deixamos aquí o enlace para os interesados/as.


mércores, 11 de marzo de 2020

Contacontos a cargo da Librería Aenea

Hoxe o alumnado dende Infantil a 3º de Primaria, disfrutamos dunha sesión de contacontos por parte de Lola, da librería Aenea, que nos contou un pouco acerca do seu traballo e tróuxonos xogos e contos moi interesantes. 
O que máis nos gustou foi o que nos contou co Kapla (xogo de madeira para facer construcións) que narraba a historia dun home que coa axuda dos animais do bosque construiu unha casa cun gran mirador.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños da sesión.





sábado, 7 de marzo de 2020

8 DE MARZO

Dende a biblioteca tamén nos sumamos á celebración do día da Muller Traballadora facendo unha exposición de libros nos cales as mulleres son as protagonistas.
Deixamos asemade un enlace da ONU sobre este tema moi interesante.