Dende o equipo de Dinamización da da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Complementarias propóñennos esta fermosa actividade para celebrar "Os Maios", unha celebración vinculada á chegada da primavera e que conta cunha longa tradición en moitas localidades galegas. Como sempre os que queirades participar podedes mandar as vosas fotos ao correo do equipo de Dinamización: dlasionlla@gamil.com
Dende hoxe domingo 26 de abril, os nenos e as nenas puidemos disfrutar dun paseo, dentro deste pesadelo sempre é un alivio poder tomar aire fresco e sair da casa.
Atopamos este conto que nos gustou un montón, de Beatriz Costo, que fala dun lobiño co que nos podemos sentir moi identificados.
O pasado 22 de abril celebrouse o Día da Terra e, como sabedes, dende a biblio e tamén dende os blogs propuxemos que nos enviárades algunha fotografía onde non ensinárades a regra dos 3R nas vosas casas. Tedes ata o día 30 de abril para enviar as fotografías. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Incluso os nosos amigos Os Bolechas tamén nos explican que é eso dos tres R.
Ademais temos unha canción moi marchosa para que poidades aprender!!
Aquí traemos todas as actividades que nos fóstedes enviando ao correo da biblioteca para celebrar o día do libro... esperamos que non esqueceramos a ningún.
Para celebrar o día do libro os profes quixemos compartir os contos favoritos con todos vós, algúns deles seguro que os coñecedes e outros poden ser un bo descubrimento para estes días na casa.
O Día da Terra celébrase cada ano o 22 de abril. Trátase dunha data que recorda que todos temos que poñer da nosa parte para que o planeta siga adiante.
Unha das estratexias para conseguir ese obxectivo é a regra dos tres R: Reduce, Recicla e Reutiliza.
Aquí podedes ver un vídeo que nos di que cousas podemos facer no noso día a día para axudar a mellorar o noso planeta.
Incluso os nosos amigos Os Bolechas tamén nos explican que é eso dos tres R.
Ademais temos unha canción moi marchosa para que poidades aprender!!
Para celebrar esta data queremos propoñervos que fagades unha fotografía dos 3R nas vosas casas.
Para celebrar o día do libro os nenos e nenas de infantil e primer ciclo poden tentar adiviñar tódalas preguntas que lles propón o seguinte xogo. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Como xa sabedes cada mes chega ás nosas bibliotecas o xornal "O Papagaio" por eso queremos que poidades seguir tendo acceso ao mesmo a través do seguinte enlace.
Co mes de abril chega o mes dos libros e este ano dende a biblio propoñemos tres actividades que podedes facer dende as vosas casas e despois mandarnos ao correo, o prazo de entrega remata o 17 de abril. Podedes escoller unha das que máis vos guste.
Para rematar esta semana na casa deixamos un contoque fala da importancia de querernos a nós mesmos. Rozalén pon voz a este fermoso libro que esperamos que vos guste tanto como a nós.
AAsamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou no 2007 este día para poñer de manifesto a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista(TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Este ano a campaña está centrada na educación e o traballo baixo o seguinte lema: “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias máns sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflexando así a diversidade existente dentro do espectro del autista.
O conto "El cazo de Lorenzo" é unha fermosa metáfora das dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día as persoas con trastorno do espectro autista.
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Prema na imaxe para saber máis sobre este recurso.
Pero, como podes acceder aos contidos?
Se tes carné das bibliotecas públicas galegas, podes entrar co teu usuario e contrasinal.