xoves, 28 de xaneiro de 2021

MÓVETE POLA PAZ

Este ano para conmemorar o Día da Paz entre outras actividades, queremos deixarvos un fermoso vídeo que fixeron as nenas e nenos do colexio  coa canción de Paco Nogueiras "Móvete". 


mércores, 27 de xaneiro de 2021

QUIZ DÍA DA PAZ

 Se prestaches atención a información que fomos colgando na entrada anterior sobre o día da Paz estás preparado para xogar a "QUIZ DÍA DA PAZ" , unha versión do clásico quen quere ser millonario no que poderás demostras todo o que aprendeches sobre a Paz e a Non Violencia.


ANÍMATE A PARTICIPAR!!

luns, 25 de xaneiro de 2021

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia, que conmemora a morte de Mahatma Gandi, hai agora 73 anos. Este ano dende a biblioteca queremos destacar a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental e gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2004, pola súa contribución á paz a través do Movemento Verde. 



                                                  "Debemos sanar as feridas da Terra...

                                      así sanaremos as nosas propias feridas"



luns, 21 de decembro de 2020

CERTAME DE PANXOLIÑAS EN FAMILIA

Marronciña fixo entrega no día de hoxe duns agasallos para todas aquelas familias que participaron no Certame de Panxoliñas... e que mellor regalo que un xogo en familia para disfrutar durante o Nadal. 

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON!

xoves, 17 de decembro de 2020

RECOMENDACIÒNS DE NADAL



Marronciña trae de novo as súas recomendacións para o Nadal... por si os Reis Magos ou Papá Noel quere agasallar aos nosos cativos cun libro.


venres, 11 de decembro de 2020

TOUPICONSELLOS

 A Toupiña deixoulle a Marronciña un vídeo para que poidades ver sempre que queirades a nosa amiga que por culpa do COVID-19 non pode vir a facernos unha visita este ano.

Facede clic nos toupiconsellos para ir ó video.

                                                              TOUPICONSELLOS  

martes, 24 de novembro de 2020

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para conmemorar o 25N no colexio estivemos levando a cabo distintas actividades coas que fomos reflexionando sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres así como o respecto aos demais, independentemente de si temos as mesmas opinións, sexo, idade, relixión...  Educar para a igualdade e no respecto axudaranos a nun futuro non ter que adicar un día contra a violencia de xénero e de ningún outro tipo. 

Este é un pequeno resumo das activiades que puxemos en marcha.


venres, 6 de novembro de 2020

SAMAÍN NA AULA DE 3º

 Os nenos e nenas de terceiro tamén quixeron facer un conto de medo para celebrar o Samaín.

Aqui vos deixamos o resultado do conto.

Son uns verdadeiros artistas!!


mércores, 4 de novembro de 2020

CONTOS DE SAMAÍN NA AULA DE 5 ANOS

Na aula de 5 anos estiveron a traballar durante estes días para crear dous contos de medo que queren compartir con todos vós. 

Son todos uns escritores/as e ilustradores/as magníficos!

As entradas da música son das cancións "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona e " No Samaín" de Paco Nogueiras (Brinca Vai!)
 



venres, 30 de outubro de 2020

PAPABUIS

 O ano pasado quedounos pendente a actuación de  PAPABUIS na nosa biblioteca e como este ano parece que tampouco vamos a poder disfrutar da súa actuación deixamos o seguinte vídeo coas súas cancións. Nelas aparecen mouchos, meigas, o gato Mimí e moitos máis.

Animádevos a ver a súa actuación!!! (facendo clic encima da palabra lévavos ao vídeo)

xoves, 29 de outubro de 2020

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

 Os nenos e nenas do segundo ciclo deixannos estas deleciosas receitas para disfrutar do Samaín nas nosas casas e unha pequena reflexión sobre os seus medos... 

NOTA: Os vídeos foron gravados nas aulas ventiladas e biblioteca e so un alumno/a en cada ocasión,  gardando  sempre a distancia de seguridade.


                         


                         

luns, 26 de outubro de 2020

SAMAÍN

 Como este ano non podemos celebrar o Samaín , que tanto nos gusta, todos xuntos dende a biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras, curtas e cancións para que as disfrutedes nas vosas casas.

mércores, 21 de outubro de 2020

BIBLIOTECA ON LINE!

Que vos parece se lemos dende a casa? Se pinchades enriba da imaxe, podedes acceder a unha biblioteca interactiva, onde atoparedes un montón de libros para escoller!

ANIMÁDEVOS! 

¨ Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez. ¨


martes, 13 de outubro de 2020

PROTOCOLO BIBLIOTECA

 Xa está listo o protocolo para a bliblioteca. 

 Marronciña está agardando con moita impaciencia que a vaiades vistar!

xoves, 1 de outubro de 2020

Quino e Mafalda

Onte deixounos Quino (Joaquín Salvador Lavado), e dende a biblioteca quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe.

xoves, 10 de setembro de 2020

Unha volta ao cole especial!

 Benvidos a este curso 2020/2021, o máis especial de todos os que levamos vivido nos últimos tempos. 

Queremos comezar con un clásico, O principiño e a súa volta ao cole, para que vexamos algunhas das cousas que imos atopar diferentes nesta volta.

Seguiremos coa ilusión de sempre e máis motivados/as que nunca, animádesvos nesta aventura?

Con Marronciña e as súas recomendacións todo nos vai a ir xenialo!

ÁNIMO FELIZ INICIO DE CURSO A TODOS/AS!

venres, 19 de xuño de 2020

FELICES VACACIÓNS!



Dende o Equipo de Biblioteca desexámosvos a todos e todas, xunto con Marronciña, unhas felices vacacións, que collades moitas forzas para comezar un novo curso en setembro cheo de ilusión e saúde!
Para agradecervos a vosa colaboración e participación en todas as actividades, deixámosvos dous diplomas para que poidades descargar, imprimir,  e encher cos vosos datos e cando o vexades lembraredes o orgullosos/as que tedes que estar por todo o voso esforzo e traballo que puxestes nestes últimos meses tan diferentes!

mércores, 17 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Para rematar o curso Marronciña proponnos unhas recomendacións lectoras para que todos e todas  disfrutedes na piscina, praia ou montaña.


Esperamos que vos gusten moito. BO VERÁN!!!



martes, 9 de xuño de 2020

Orella Pendella!

Amigos e amigas, hoxe traemos unha proposta que ven da man dun proxecto chamado ¨Orella Pendella¨.Esta inciativa pretende difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.


 Se nos mandandes propostas, dende o centro enviarémolas facendo a nosa aportación!

xoves, 4 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente, e como este ano dende a biblioteca puxemos en marcha distintas actividades para coidar o noso entorno, queremos que sigades aprendendo e recordando, mediante este escape room, como temos que facer para evitar a contaminación do noso Planeta.

  • A primeira proposta está pensada para alumnado de 3º en adiante, pero podedes facelo todos con algo de axuda.
  • A segunda proposta mais sinxela é para os nenos/as de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Esperamos que vos gusten. Deixade os vosos comentarios!