mércores, 2 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Para conmemorar a celebración das Letras Galegas, tivemos o concerto de Pakolas para todo o cole e ademais como este ano non se puido facer o Festival, puxéronse en marcha dous concertos didácticos de música tradicional galega, levados a cabo por Pablo Seoane e David Canto, cos que aprendimos un montón!

Ademais aproveitamos a visita de Pakolas, para facer a entrega de premios do concurso das Letras

Deixámosvos aquí unha presentación con fotos e vídeos para que poidades ver que ben o pasamos ese día.

Agardamos que vos guste!

martes, 11 de maio de 2021

ESCAPE ROOM XELA ARIAS

 Para aprender un pouquiño máis sobre Xela Arias, a profe Ana en colaboración con outra mestra do CPI de Vedra elaborou este xogo de escapismo que esperemos que vós guste moito.



luns, 10 de maio de 2021

CONCURSO LETRAS GALEGAS

 Achégase o día das Letras Galegas e ainda estades a tempo de participar no V Concurso das Letras Galegas que este ano están adicadas a poetisa, escritora e traductora Xela Arias. 

Para os que aínda estean a darlle voltas deixamos as bases para poder participar.




martes, 27 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 Como todos e todas sabedes o pasado venres 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro con distintas actividades que se foron desenvolvendo ao longo de toda a semana... e algunha que ainda temos en proceso.

A continación deixamos unha pequena mostra de todas e cada unha delas.


sábado, 27 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

 Ola  amiguiños e amiguiñas!

 Marronciña trae hoxe unha mostra de como celebramos o día de Rosalía de Castro  no centro. Houbo tempo para recitado de poemas, cantar cancións dalgúns dos seus poemas, abrir unha ventá cara Rosalía.... 

xoves, 18 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento dunha das nosas escritoras máis importantes e internacionais... sabedes de quen estamos a falar?... de Rosalía de Castro!

 Para conmemorar esta data tan imporante queremos compartir con todos vós un xogo no que poderedes demostrar todo o que sabedes sobre esta gran escritora. 



xoves, 11 de febreiro de 2021

CANTO SABES DO ENTROIDO?

 Dende o Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia) elaboraron unha pequena guía sobre o Entroido en Galicia que  deixamos a vósa disposición para que poidades coñecer un pouco máis  sobre unha das nosas festas máis populares.

Premede nas imaxes para acceder á información e un xogo de preguntas.

                                   









luns, 8 de febreiro de 2021

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Ola amiguiños e amiguiñas!

Aí vai o último mandato para o VENRES! 





Así que xa sabes...vai buscando o teu disfraz!



luns, 1 de febreiro de 2021

SAÚDOS MOI ESPECIAIS

 Paco Nogueiras (autor da canción "Móvete") mándalle ao alumnado do cole un saúdo  pola actuación tan fermosa que fixeron para conmemorar o día da Paz.

Moitas grazas Paco Nogueiras!



venres, 29 de xaneiro de 2021

CAIXAS DA PAZ

 Aquí vos deixamos as últimas actividades que foron facendo os distintos cursos relacionados coa paz. 


xoves, 28 de xaneiro de 2021

MÓVETE POLA PAZ

Este ano para conmemorar o Día da Paz entre outras actividades, queremos deixarvos un fermoso vídeo que fixeron as nenas e nenos do colexio  coa canción de Paco Nogueiras "Móvete". 


mércores, 27 de xaneiro de 2021

QUIZ DÍA DA PAZ

 Se prestaches atención a información que fomos colgando na entrada anterior sobre o día da Paz estás preparado para xogar a "QUIZ DÍA DA PAZ" , unha versión do clásico quen quere ser millonario no que poderás demostras todo o que aprendeches sobre a Paz e a Non Violencia.


ANÍMATE A PARTICIPAR!!

luns, 25 de xaneiro de 2021

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia, que conmemora a morte de Mahatma Gandi, hai agora 73 anos. Este ano dende a biblioteca queremos destacar a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental e gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2004, pola súa contribución á paz a través do Movemento Verde. 



                                                  "Debemos sanar as feridas da Terra...

                                      así sanaremos as nosas propias feridas"



luns, 21 de decembro de 2020

CERTAME DE PANXOLIÑAS EN FAMILIA

Marronciña fixo entrega no día de hoxe duns agasallos para todas aquelas familias que participaron no Certame de Panxoliñas... e que mellor regalo que un xogo en familia para disfrutar durante o Nadal. 

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON!

xoves, 17 de decembro de 2020

RECOMENDACIÒNS DE NADAL



Marronciña trae de novo as súas recomendacións para o Nadal... por si os Reis Magos ou Papá Noel quere agasallar aos nosos cativos cun libro.


venres, 11 de decembro de 2020

TOUPICONSELLOS

 A Toupiña deixoulle a Marronciña un vídeo para que poidades ver sempre que queirades a nosa amiga que por culpa do COVID-19 non pode vir a facernos unha visita este ano.

Facede clic nos toupiconsellos para ir ó video.

                                                              TOUPICONSELLOS  

martes, 24 de novembro de 2020

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para conmemorar o 25N no colexio estivemos levando a cabo distintas actividades coas que fomos reflexionando sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres así como o respecto aos demais, independentemente de si temos as mesmas opinións, sexo, idade, relixión...  Educar para a igualdade e no respecto axudaranos a nun futuro non ter que adicar un día contra a violencia de xénero e de ningún outro tipo. 

Este é un pequeno resumo das activiades que puxemos en marcha.


venres, 6 de novembro de 2020

SAMAÍN NA AULA DE 3º

 Os nenos e nenas de terceiro tamén quixeron facer un conto de medo para celebrar o Samaín.

Aqui vos deixamos o resultado do conto.

Son uns verdadeiros artistas!!


mércores, 4 de novembro de 2020

CONTOS DE SAMAÍN NA AULA DE 5 ANOS

Na aula de 5 anos estiveron a traballar durante estes días para crear dous contos de medo que queren compartir con todos vós. 

Son todos uns escritores/as e ilustradores/as magníficos!

As entradas da música son das cancións "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona e " No Samaín" de Paco Nogueiras (Brinca Vai!)