O 17 de maio é un día moi especial para o noso idioma, pois celébrase o día das nosas letras, das LETRAS GALEGAS.
Este curso no cole continuamos coa iniciativa do Concurso das Letras, con 3 categorías de participación. O vindeiro luns 16, coñeceremos o gañador de cada categoría. Sorte a todos e grazas aos que presentaron os seus traballiños!
Por outro lado, tamén o luns, celebraremos no centro o Día das Letras, coa actuación de Paco Nogueiras! Bailaremos e cantaremos con este músico tan divertido!
Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Para coñecer máis sobre o autor, deixámosvos a continuación uns enlaces que vos levarán a web do Seminario Galán e a páxina da Primavera das Letras.
Navegando nestas páxinas poderedes investigar e coñecer máis a este escritor galego.
Prema nas imaxes para acceder ás ligazóns:
Despois de investigar, podedes tratar de resolver este Genially con preguntas sobre o autor e a súa biografía, elaborado polo profesorado do CEIP Fondo Nois. Animádevos a participar!
O pasado venres, 29 de abril, aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos de 1º e 4º de primaria sairon ao patio durante a Hora de ler. Pero non foi un momento de lectura calquera...os nenos e nenas de 4º escolleron na biblioteca contos para lerlle aos máis pequenos.
Os maiores contaban moi ben os contos...e os pequenos desfrutaron un montón!
O venres 22 de abril tivemos unha visita moi científica na biblioteca! A Toupiña, xunto co seu axudante Protonio, trouxéronnos uns experimentos científicos ben divertidos...!!
A continuación podedes ver que ben o pasaron os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
Por outro lado, realizamos o CONCURSO DE MARCAPÁXINAS entre o alumnado de 6º de primaira. Este ano, a gañadora foi Mar! Noraboa!
Co seu debuxo fixemos os marcapáxinas, que foron entregados hoxe a todo o alumnado. Aquí podedes ver aos nenos e nenas de Primeiro moi contentos co seu agasallo!
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un LIBRO"
Durante o mes de MARZO celebramos dúas datas moi importantes...
O día 8 conmemórase o DÍA DA MULLER, data de moita mportancia para a concienciación sobre a igualdade entre homes e mulleres e para resaltar o papel da muller ao longo da Historia.
Dende a biblioteca preparamos o noso expositor con libros moi interesantes sobre diferentes mulleres importantes polas cousas que lograron.
Ademais, os alumnos de 1º e 4º EP fixeron manualidades para celebrar este día, e os alumnos de 2º elaboraron un mural con palabras importantes sobre as mulleres.
Por outro lado, o 21 de marzo celebrouse o DÍA DA POESÍA, un xénero que soe ser pouco coñecido polos nenos e nenas. Para poñer solución a iso, no expositor da biblio puideron atopar diversos libros de poemas, tanto para os maiores como para os máis pequenos.
O alumnado de 1º e 2º EP recitou unhas bonitas poesías de Manuel María, do seu poemario "Os soños na gaiola".
Na seguinte PRESENTACIÓN podedes ver todas estas actividades...e o ben que o fan estes pequenos! Esperamos que vos gusten!
No día de hoxe, 23 de febreiro, celébrase o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das autoras máis importantes da Literatura Galega.
Para celebrar esta data, no cole decidimos realizar as actividades que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), baixo o lema deste ano #SEMENTADEPENSAMENTOS.
As aulas de primaria e infantil elaboraron cadansúa FLOR (un pensamento, pois é a flor favorita de Rosalía) e escribiron en cada un dos seus cinco pétalos, versos dalgúns poemas da escritora. Así quedou o noso mural:
Ademais, o alumnado de Infantil, 4ºEP e 5ºEP tamén gravou uns videos recitando algúns poemas de Rosalía. Por outro lado, os nenos e nenas de 1ºEP representaron con debuxos e bailes a canción "Alborada", do libro-CD Rosalía Pequeniña, de Uxía.
Na seguinte presentación podedes ver todas as actividades realizadas,. Esperamos que vos gusten!!
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este curso no cole celebrámolo coa creación dun muro moi especial, pois nel recollénse palabras de PAZ que cada alumno e alumna quixo plasmar no seu ladrillo.
Está construído con tetrabricks reutilizados, para concienciar da necesidade de reutilizar materiais e de diminuír a contaminación de mares e océanos, enmarcado dentro do proxecto da biblioteca.
Ademais, no expositor das conmemoracións están dispoñibles varios libros interesantes relacionados coa Paz e a Non Violencia.
Por outro lado, celebramos este día con música, creando un vídeo coa canción "Día da Paz" de Pablo Díaz. A continuación podedes ver que ben o fan os alumnos/as da Sionlla, neste bonito vídeo editado pola profe de música Ana Sanchez. Que gran traballo o de todos!
Na Sionlla queremos a paz non só un día, senón todos os días no ano!
Xa está aquí o NADAL e este ano engalanamos o noso cole para celebrar estas datas! Cada aula decorou a súa porta...e que bonitas quedaron todas!
No seguinte vídeo podedes dar un paseo polos corredores e desfrutar da decoración navideña!
Ademais, este curso tamén fixemos FESTIVAL DE NADAL! Pero dun xeito diferente...pois con esta pandemia os tempos cambiaron moito! Este ano o festival ten que ser virtual...pero que o ben o pasamos ensaiando as panxoliñas e actuando diante da cámara! E que dicir do ben que o fan todos os nenos e nenas!
DESFRUTADE DAS ACTUACIÓNS!!
Marronciña deséxavos un BO NADAL e un FELIZ ANO 2022!
No cole da Sionlla quixemos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero con diferentes actividades.
Cada curso elaborou a súa BOLBORETA VIOLETA, para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller.
Ademais, fixemos un MURAL "Facendo visible o invisible", para reflexionar sobre situacións nas que as mulleres están en desigualdade ou nas que se mostran actitudes machistas.
Algúnhas aulas de Infantil e Primaria elaboraron estas CÁMARAS:
(idea recollida da conta "Mansdeouro")
Por último, no expositor da biblioteca podedes atopar libros relacionados con esta temática, que Marronciña vos anima a ler e coñecer!
Marronciña acolleu na súa biblioteca un laboratorio itinerante das ciencias, onde os nenos e nenas puideron experimentar moitas cousas a través dun recurso tan valioso como é a auga. Esta actividade foi proposta a través da Asociación Adiantum, e organizada polo Equipo de Actividades.
O pasado venres 29 de outubro, celebramos na escola a festa do Samaín, aínda que durante toda a semana fixemos diferentes actividades terrorificamente divertidas!
Dende a biblioteca, entregamos a cada aulas as CAIXAS DE MEDO, con libros que daban arrepíos... Esperamos que vos gustaran moito!
Podedes deixar un comentario contanto que libro vos gustou máis!
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Para iso quixemos aproveitar este día para abrir a nosa biblioteca e facer entrega das mochilas viaxeiras como cada ano, coa axuda dalgúns alumnos e alumnas de 4º EP.
Estas mochilas viaxarán cada semana ás vosas casas, para que poidades desfrutar dos seus libros.
Para conmemorar a celebración das Letras Galegas, tivemos o concerto de Pakolas para todo o cole e ademais como este ano non se puido facer o Festival, puxéronse en marcha dous concertos didácticos de música tradicional galega, levados a cabo por Pablo Seoane e David Canto, cos que aprendimos un montón!
Ademais aproveitamos a visita de Pakolas, para facer a entrega de premios do concurso das Letras.
Deixámosvos aquí unha presentación con fotos e vídeos para que poidades ver que ben o pasamos ese día.
Para aprender un pouquiño máis sobre Xela Arias, a profe Ana en colaboración con outra mestra do CPI de Vedra elaborou este xogo de escapismo que esperemos que vós guste moito.
Achégase o día das Letras Galegas e ainda estades a tempo de participar no V Concurso das Letras Galegas que este ano están adicadas a poetisa, escritora e traductora Xela Arias.
Para os que aínda estean a darlle voltas deixamos as bases para poder participar.
Como todos e todas sabedes o pasado venres 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro con distintas actividades que se foron desenvolvendo ao longo de toda a semana... e algunha que ainda temos en proceso.
A continación deixamos unha pequena mostra de todas e cada unha delas.
Marronciña trae hoxe unha mostra de como celebramos o día de Rosalía de Castro no centro. Houbo tempo para recitado de poemas, cantar cancións dalgúns dos seus poemas, abrir unha ventá cara Rosalía....