luns, 19 de xuño de 2023

Apadriñamento lector II

O apadriñamento lector é unha actividade posta en marcha de animación á lectura. 

O venres 16 de xuño, Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria escolleron un conto para lles ler aos nenos de infantil, 1º e 2º de primaria. O éxito foi rotundo de novo, e o tempo acompañou.

Aquí vos deixamos unhas fotiños!



martes, 6 de xuño de 2023

Apadriñamento lector

Este martes 6 de xuño levamos a cabo o apadriñamento lector. Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria escolleron un contiño para lerlles aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.

Deixámosvos unhas fotiños a continuación para que poidades ver o ben que o pasaron!

domingo, 4 de xuño de 2023

Gañadores do concurso das Letras

Marronciña por fin desvelou o segredo mellor gardado deste trimestre... as/os gañadores do Certame das Letras Galegas!

martes, 30 de maio de 2023

O mércores 31 de maio...

Mañá mércores 31, despediremos o mes de Maio coa proposta de varias actividades.

Comezaremos coa canción dos Maios, preparada na Aula de Música. Cada curso cantará a canción arredor do Maio diseñado pola súa aula acompañada con paus.

Logo desto levarase a cabo a entrega de premios do Certame das Letras Galegas, onde como xa sabedes, haberá catro gañadores/as, un por categoría.

Posteriormente faremos o Troco, intercambiando contos cos nosos compañeiros/as. Por cada conto darase un Sionllo co que poderán ¨mercar¨ un novo conto.

E finalmente inauguramos os novos xogos do patio

Tarde completa verdade? Aló imos!

venres, 26 de maio de 2023

Certame das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os traballos presentados para o Certame das Letras GalegasPodedes acceder a eles ¨pinchando¨ co rato na seguinte imaxe. Alí arriba á dereita poderedes ir pasando páxina para ver a seguinte categoría. 


Moita sorte a todos e todas. 
O mércores 31 faremos a entrega de premios!

mércores, 24 de maio de 2023

contacontos 3R

 Hoxe na escola tivemos unha sesión de contacontos moi especial da man de "A xanela do Maxín" para falarnos da importancia de coidar o noso medio ambiente e as 3R: reducir, reutilizar e reciclar. 

Aquí vos deixamos unha mostra desta actividade.




venres, 12 de maio de 2023

CONTACONTOS FAMILIARES.

Estes días os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria tiveron a ocasión de disfrutar duns contacontos moi especiais da man das súas familias.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade. 



mércores, 10 de maio de 2023

BOOKTUBERS DÍA DO LIBRO 2023

 Estes días a biblioteca encheuse de verdadeiros booktubres que nos deixaron unhas recomendacións lectoras do máis interesantes. 


martes, 2 de maio de 2023

LER DACHE ÁS

 O mes de abril veu cargadiño de libros, e para celebralo Os nenos e nenas de infantil e primeiro quixeron facer as súas recomendacións dun xeito moi especial xa que os libros son unha forma de voar e coñecer novos mundos. 

Pincha na imaxe para ver as nosas recomendacións!



xoves, 20 de abril de 2023

mes do libro na biblio

Marronciña este mes ven cargadiña de actividades para os nosos nenos e nenas. 

Aquí podedes consultar todas as que se levarán a cabo durante o mes de abril e maio. 


Marronciña busca BookTubers

Co motivo do DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL, Marronciña está buscando a nenos e nenas BookTubers. Anímaste?
É moi doado, fíxate:


As gravacións comezarán o martes 25 de abril. A partir dese día poderás pasarte no recreo a facer a túa recomendación, no día que lle toque ao teu curso, 
Nesta finde pensa no conto que che gustaría recomedar, prepara o teu guión e vén a ¨booktubear¨ con Marronciña! 

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO


O pasado venres 14 de abril o alumnado do club de lectura foi a visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Alí puideron coñecer un pouco máis da súa vida, as obras do seu fillo Ovidio e escoitar algúns fragmentos musicados dos seus poemas... e ainda que choveu un pouco tamén puideron dar un paseo polo seu magnífico xardín e ver algunhas das súas árbores senlleiras.

Para rematar a xornada recitaron os poemas Pra' Habana e Castellanos de Castilla.



domingo, 26 de marzo de 2023

ENTREGA DE AGASALLOS RETO 8 DE MARZO


Este mércores na biblioteca do colexio fixéronse entrega dos agasallos a todos os nenos/as que participaron nos retos que propuxo Marronciña para celebrar o Día da Muller. 

Ainda que os retos estaban pensados para os máis maiores do cole tamén tivemos a participación de nenos de 1º e 2º de primaria.

Aquí vos deixamos unha mostra da entrega do agasallo e o diploma.

NORABOA!



    







sábado, 18 de marzo de 2023

VISITA LIBRERÍA AENEA

A semana pasada tivemos a visita da responsable da librería Aenea que nos veu a facer un contacontos e a mostrarnos algúns libros moi curiosos sobre animais, constelacións... 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.







mércores, 8 de marzo de 2023

SOLUCIÓNS AOS RETOS POLO DÍA DA MULLER

Moitas grazas a todos e todas por participar no xogo dos retos! 
Aquí tedes as solucións para que poidades descubrir si as vosas respostas foron as correctas. O mércores día 22 faremos entrega do agasallo na hora do recreo. 
Marronciña.



RETO 2: DÍA DA MULLER

Aquí vos deixamos o seguinte reto do día da muller. 

As respostas correctas publicaranse o último día dos retos.

martes, 7 de marzo de 2023

RETO 1: DÍA DA MULLER

RETO MARRONCIÑA 8 MARZO

Achégase o Día da Muller e por iso Marronciña nos anima a participar neste reto, estades preparad@s?

Dende mañá mércores 8 de marzo ata o próximo mércores 15 de marzo, iremos poñendo no blog de biblioteca un reto por día, que deberedes adiviñar. 
Se queres participar só tes que enviar a resposta ao email de biblioteca:  
bibliotecacasasnovoa@gmail.com

Os nenos e nenas que consigan acertar os 5 retos levarán un premio.
Onde podedes consultar a solución? No expositor da segunda planta tedes libros onde consultar a información e tamén no mural da entrada. 

ANIMÁDEVOS!!!

mércores, 16 de novembro de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa están nas nosas casas e  este ano os encargados de facer as entrega foron os nenos e nenas de sexto que tamén lle explicaron aos máis pequenos/as do colexio como usalas. 









domingo, 13 de novembro de 2022

CONCERTO DE LITTLE NENO

 A semana pasada tivemos a oportunidade de escoitar un concerto de Little neno presentando os seus discos Little Neno descobre aos Beatles e Little Neno descobre aos Rolling Stones.

Aquí vos deixamos unha mostra dos concertos.