xoves, 10 de setembro de 2020

Unha volta ao cole especial!

 Benvidos a este curso 2020/2021, o máis especial de todos os que levamos vivido nos últimos tempos. 

Queremos comezar con un clásico, O principiño e a súa volta ao cole, para que vexamos algunhas das cousas que imos atopar diferentes nesta volta.

Seguiremos coa ilusión de sempre e máis motivados/as que nunca, animádesvos nesta aventura?

Con Marronciña e as súas recomendacións todo nos vai a ir xenialo!

ÁNIMO FELIZ INICIO DE CURSO A TODOS/AS!

venres, 19 de xuño de 2020

FELICES VACACIÓNS!



Dende o Equipo de Biblioteca desexámosvos a todos e todas, xunto con Marronciña, unhas felices vacacións, que collades moitas forzas para comezar un novo curso en setembro cheo de ilusión e saúde!
Para agradecervos a vosa colaboración e participación en todas as actividades, deixámosvos dous diplomas para que poidades descargar, imprimir,  e encher cos vosos datos e cando o vexades lembraredes o orgullosos/as que tedes que estar por todo o voso esforzo e traballo que puxestes nestes últimos meses tan diferentes!

mércores, 17 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Para rematar o curso Marronciña proponnos unhas recomendacións lectoras para que todos e todas  disfrutedes na piscina, praia ou montaña.


Esperamos que vos gusten moito. BO VERÁN!!!



martes, 9 de xuño de 2020

Orella Pendella!

Amigos e amigas, hoxe traemos unha proposta que ven da man dun proxecto chamado ¨Orella Pendella¨.Esta inciativa pretende difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.


 Se nos mandandes propostas, dende o centro enviarémolas facendo a nosa aportación!

xoves, 4 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente, e como este ano dende a biblioteca puxemos en marcha distintas actividades para coidar o noso entorno, queremos que sigades aprendendo e recordando, mediante este escape room, como temos que facer para evitar a contaminación do noso Planeta.

  • A primeira proposta está pensada para alumnado de 3º en adiante, pero podedes facelo todos con algo de axuda.
  • A segunda proposta mais sinxela é para os nenos/as de Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Esperamos que vos gusten. Deixade os vosos comentarios!







martes, 26 de maio de 2020

#HISTORIAS CATIVAS

Rosa Aneiros, a nosa autora de este ano no club de lectura da biblio, compartiu estes días nas redes sociais (Facebook e Twitter)  unha iniciativa de lectura e escritura co cancelo #historiascativas que quixo compartir con aulas galegas.  
Deixamos o enlace para que os nenos/as de 5º e 6º de primaria poidan ler e coñecer algo máis da escritora de "Xelís, o guieiro das botellas de mar".




domingo, 17 de maio de 2020

Cales son as nosas palabras favoritas do galego?

Seguro que xa todos/as vístedes cales son as palabras favoritas do noso cole pero de todos xeitos deixamos o fermoso vídeo no blog da biblio para rematar o Día das Letras Galegas.


MOITAS GRAZAS A TODO@S OS QUE PARTICIPÁSTEDES!!!

venres, 15 de maio de 2020

Letras Galegas 2020!





En dous días chega unha data moi importante para os galegos e galegas. 
Como ben sabedes, cada ano o 17 de maio festexamos o día das nosas letras, as Letras Galegas. Este ano van adicadas ao escritor Ricardo Carvalho Calero





Propoñémosvos estes xogos a modo de retos, para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra deste autor. Son ¨Escape Room virtuais¨, para ver quen é capaz de superalos e chegar ao final.

Lembrade ampliar abaixo á dereita para poder velo con maior facilidade e tamén podedes activar/desactivar a música de fondo.
Non vos esquezades contarnos en comentarios quen o logrou.
SORTE!

1) RECOMENDACIÓN PARA PRIMARIA:


2) RECOMENDACIÓN PARA INFANTIL:


martes, 12 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO E O MAR

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e o mar sempre foi moi importante na súa vida, aínda que en moitas ocasións non puidera estar preto del. 
No cole o mar tamén estaba moi presente este ano, aínda que por motivos moi diferentes, xa que na época na que naceu Ricardo o mar non estaba tan contaminado. 
Premede na palabra mar que vos levará ata o xogo no que teredes que demostrar canto sabedes deste escritor e mestre, e tamén sobre o mar.

luns, 11 de maio de 2020

PALABRA FAVORITA EN GALEGO

Comezamos a semana das nosas letras e queremos recordar que ainda estades a tempo para participar na actividade "A MIÑA PALABRA FAVORITA". Pensade unha palabra que vós guste moito en galego e facede un cartel para mandala ao correo da biblio. Podedes usar a plantilla que se colgou en entradas anteriores (achégase o día das nosas letras) ou ben crear a vosa propia plantilla.
Podedes participar ata o 14 de maio, tanto o alumando como o resto da familia.

ANIMÁDEVOS A  PARTICIPAR!!!!

ENVIADE AS VOSAS PALABRAS A: bibliotecacasasnovoa@gmail.com 

venres, 8 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Como está moi próximo o día das Letras Galegas que este ano como todos sabedes se dedica ao escritor Ricardo Carvalho Calero e para que vós vaiades preparando para os xogos que estamos argallando dende a biblioteca, deixamos unha pequena biografía elaborada polo Seminario Galán

domingo, 3 de maio de 2020

ACHÉGASE O DÍA DAS NOSAS LETRAS...

O mes de maio é o mes da nosa lingua, pois como sabedes o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas.
O noso idioma conta con palabras fermosas que fan da nosa lingua algo único no mundo. Unha curiosidade...sabiades que temos máis de 70 palabras diferentes para referirnos á choiva?

Este ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca queremos saber cal é a vosa PALABRA preferida en galego.

Para iso, propoñémosvos a seguinte actividade, dirixida a toda a comunidade educativa do centro (mestres, alumnado, familias...)

Pensade a vosa palabra preferida EN GALEGO... facede un carteliño e poñédea ben bonita en papel e facédevos unha foto con ela. Despois, enviádea a bibliotecacasasnovoa@gmail.com
Tedes ata o 14 DE MAIO para participar.

Deixámosvos tamén unha plantilla para escribir a túa palabra favorita, pero tamén podes crear o teu propio letreiro.

Por se che serve de inspiración para escoller a túa palabra...recorda o proxecto sobre o mar e os océanos que estamos a facer no cole...

ESCOLLE A TÚA PALABRA E ANÍMATE A PARTICIPAR!


venres, 1 de maio de 2020

ACCIÓNS DOS 3R PARA CELEBAR O DÍA DA TERRA

As nenas e nenos do cole saben moi ben cales son as accións que necesitamos poñer en marcha todos para evitar a contaminación e coidar o noso planeta. 

MIRADE QUE BEN O FAN!!

xoves, 30 de abril de 2020

DÍA DOS MAIOS

Dende o equipo de Dinamización da da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Complementarias propóñennos esta fermosa actividade para celebrar "Os Maios", unha celebración vinculada á chegada da primavera e que conta cunha longa tradición en moitas localidades galegas. 
Como sempre os que queirades participar podedes mandar as vosas fotos ao correo do equipo de Dinamización: dlasionlla@gamil.com


domingo, 26 de abril de 2020

CONTO: Unha saída especial!

Dende hoxe domingo 26 de abril, os nenos e as nenas puidemos disfrutar dun paseo, dentro deste pesadelo sempre é un alivio poder tomar aire fresco e sair da casa.
Atopamos este conto que nos gustou un montón, de Beatriz Costo, que fala dun lobiño co que nos podemos sentir moi identificados.

Agardamos que vos guste!

venres, 24 de abril de 2020

RECORDATORIO DO DÍA DA TERRA

O pasado 22 de abril celebrouse o Día da Terra e, como sabedes,  dende a biblio e tamén dende os blogs propuxemos que nos enviárades algunha fotografía onde non ensinárades a regra dos 3R nas vosas casas.
Tedes ata o día 30 de abril  para enviar as fotografías.
ANIMÁDEVOS A  PARTICIPAR!!!





Incluso os nosos amigos Os Bolechas tamén nos explican que é eso dos tres R.



  


Ademais temos unha canción moi marchosa para que poidades aprender!!



TRABALLOS DO DÍA DO LIBRO

Aquí traemos todas as actividades que nos fóstedes enviando ao correo da biblioteca para celebrar o día do libro... esperamos que non esqueceramos a ningún. 

MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

xoves, 23 de abril de 2020

Un saúdo moi especial!

Se queredes un adianto do conto, aquí volo deixamos! Agardamos que vos guste moito.

OS LIBROS DOS PROFES

Para celebrar o día do libro os profes quixemos compartir os contos favoritos con todos vós, algúns deles seguro que os coñecedes e outros poden ser un bo descubrimento para estes días na casa.

  




mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

O Día da Terra celébrase cada ano o 22 de abril. Trátase dunha data que recorda que todos temos que poñer da nosa parte para que o planeta siga adiante.
Unha das estratexias para conseguir ese obxectivo é a regra dos tres R: Reduce, Recicla e Reutiliza. 
Aquí podedes ver un vídeo que nos di que cousas podemos facer no noso día a día para axudar a mellorar o noso planeta.



Incluso os nosos amigos Os Bolechas tamén nos explican que é eso dos tres R.


  


Ademais temos unha canción moi marchosa para que poidades aprender!!


Para celebrar esta data queremos propoñervos que fagades unha fotografía dos 3R nas vosas casas. 
AMINÁDEVOS A PARTICIPAR!