Como cada curso, aquí vos deixamos as recomedacións coas últimas novidades en literatura infantil.
Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas algún LIBRO...tomade nota na seguinte presentación!
Como cada curso, aquí vos deixamos as recomedacións coas últimas novidades en literatura infantil.
Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas algún LIBRO...tomade nota na seguinte presentación!
Xa está aquí o NADAL e este ano engalanamos o noso cole para celebrar estas datas! Cada aula decorou a súa porta...e que bonitas quedaron todas!
No seguinte vídeo podedes dar un paseo polos corredores e desfrutar da decoración navideña!
No cole da Sionlla quixemos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero con diferentes actividades.
Cada curso elaborou a súa BOLBORETA VIOLETA, para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller.
Marronciña acolleu na súa biblioteca un laboratorio itinerante das ciencias, onde os nenos e nenas puideron experimentar moitas cousas a través dun recurso tan valioso como é a auga. Esta actividade foi proposta a través da Asociación Adiantum, e organizada polo Equipo de Actividades.
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Para iso quixemos aproveitar este día para abrir a nosa biblioteca e facer entrega das mochilas viaxeiras como cada ano, coa axuda dalgúns alumnos e alumnas de 4º EP.
Estas mochilas viaxarán cada semana ás vosas casas, para que poidades desfrutar dos seus libros.
Agardamos que vos gusten!
Para conmemorar a celebración das Letras Galegas, tivemos o concerto de Pakolas para todo o cole e ademais como este ano non se puido facer o Festival, puxéronse en marcha dous concertos didácticos de música tradicional galega, levados a cabo por Pablo Seoane e David Canto, cos que aprendimos un montón!
Ademais aproveitamos a visita de Pakolas, para facer a entrega de premios do concurso das Letras.
Deixámosvos aquí unha presentación con fotos e vídeos para que poidades ver que ben o pasamos ese día.
Agardamos que vos guste!
Para aprender un pouquiño máis sobre Xela Arias, a profe Ana en colaboración con outra mestra do CPI de Vedra elaborou este xogo de escapismo que esperemos que vós guste moito.
Como todos e todas sabedes o pasado venres 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro con distintas actividades que se foron desenvolvendo ao longo de toda a semana... e algunha que ainda temos en proceso.
A continación deixamos unha pequena mostra de todas e cada unha delas.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Marronciña trae hoxe unha mostra de como celebramos o día de Rosalía de Castro no centro. Houbo tempo para recitado de poemas, cantar cancións dalgúns dos seus poemas, abrir unha ventá cara Rosalía....
O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento dunha das nosas escritoras máis importantes e internacionais... sabedes de quen estamos a falar?... de Rosalía de Castro!
Para conmemorar esta data tan imporante queremos compartir con todos vós un xogo no que poderedes demostrar todo o que sabedes sobre esta gran escritora.
Dende o Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia) elaboraron unha pequena guía sobre o Entroido en Galicia que deixamos a vósa disposición para que poidades coñecer un pouco máis sobre unha das nosas festas máis populares.
Premede nas imaxes para acceder á información e un xogo de preguntas.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Aí vai o último mandato para o VENRES!
Paco Nogueiras (autor da canción "Móvete") mándalle ao alumnado do cole un saúdo pola actuación tan fermosa que fixeron para conmemorar o día da Paz.
Moitas grazas Paco Nogueiras!
Aquí vos deixamos as últimas actividades que foron facendo os distintos cursos relacionados coa paz.
Este ano para conmemorar o Día da Paz entre outras actividades, queremos deixarvos un fermoso vídeo que fixeron as nenas e nenos do colexio coa canción de Paco Nogueiras "Móvete".
Se prestaches atención a información que fomos colgando na entrada anterior sobre o día da Paz estás preparado para xogar a "QUIZ DÍA DA PAZ" , unha versión do clásico quen quere ser millonario no que poderás demostras todo o que aprendeches sobre a Paz e a Non Violencia.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!
O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia, que conmemora a morte de Mahatma Gandi, hai agora 73 anos. Este ano dende a biblioteca queremos destacar a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental e gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2004, pola súa contribución á paz a través do Movemento Verde.
así sanaremos as nosas propias feridas"