As mochilas viaxeiras xa están nas nosas casas e este ano os encargados de facer as entrega foron os nenos e nenas de sexto que tamén lle explicaron aos máis pequenos/as do colexio como usalas.
mércores, 16 de novembro de 2022
domingo, 13 de novembro de 2022
CONCERTO DE LITTLE NENO
A semana pasada tivemos a oportunidade de escoitar un concerto de Little neno presentando os seus discos Little Neno descobre aos Beatles e Little Neno descobre aos Rolling Stones.
Aquí vos deixamos unha mostra dos concertos.
venres, 13 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
O 17 de maio é un día moi especial para o noso idioma, pois celébrase o día das nosas letras, das LETRAS GALEGAS.
Este curso no cole continuamos coa iniciativa do Concurso das Letras, con 3 categorías de participación. O vindeiro luns 16, coñeceremos o gañador de cada categoría. Sorte a todos e grazas aos que presentaron os seus traballiños!
Por outro lado, tamén o luns, celebraremos no centro o Día das Letras, coa actuación de Paco Nogueiras! Bailaremos e cantaremos con este músico tan divertido!
luns, 2 de maio de 2022
APADRIÑAMENTO LECTOR
O pasado venres, 29 de abril, aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos de 1º e 4º de primaria sairon ao patio durante a Hora de ler. Pero non foi un momento de lectura calquera...os nenos e nenas de 4º escolleron na biblioteca contos para lerlle aos máis pequenos.
Os maiores contaban moi ben os contos...e os pequenos desfrutaron un montón!
Seguro que pronto volveremos repetir!
luns, 25 de abril de 2022
TOUPICIENCIA SHOW
O venres 22 de abril tivemos unha visita moi científica na biblioteca! A Toupiña, xunto co seu axudante Protonio, trouxéronnos uns experimentos científicos ben divertidos...!!
A continuación podedes ver que ben o pasaron os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
venres, 22 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO - 23 de abril de 2022
venres, 8 de abril de 2022
Proposta para o Día do Libro
Como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro no noso cole.
Este curso, Marronciña invítavos a que imitedes a PORTADA dun LIBRO ou conto, recreando o que se pode ver na súa cara principal.
Na seguinte presentación podedes saber máis desta proposta e ver algún EXEMPLO que outros nenos fixeron.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
luns, 28 de marzo de 2022
Este mes de MARZO...
Durante o mes de MARZO celebramos dúas datas moi importantes...
O día 8 conmemórase o DÍA DA MULLER, data de moita mportancia para a concienciación sobre a igualdade entre homes e mulleres e para resaltar o papel da muller ao longo da Historia.
Dende a biblioteca preparamos o noso expositor con libros moi interesantes sobre diferentes mulleres importantes polas cousas que lograron.
Ademais, os alumnos de 1º e 4º EP fixeron manualidades para celebrar este día, e os alumnos de 2º elaboraron un mural con palabras importantes sobre as mulleres.
Por outro lado, o 21 de marzo celebrouse o DÍA DA POESÍA, un xénero que soe ser pouco coñecido polos nenos e nenas. Para poñer solución a iso, no expositor da biblio puideron atopar diversos libros de poemas, tanto para os maiores como para os máis pequenos.
O alumnado de 1º e 2º EP recitou unhas bonitas poesías de Manuel María, do seu poemario "Os soños na gaiola".
Na seguinte PRESENTACIÓN podedes ver todas estas actividades...e o ben que o fan estes pequenos! Esperamos que vos gusten!
mércores, 23 de febreiro de 2022
23 de febreiro - DÍA DE ROSALÍA
No día de hoxe, 23 de febreiro, celébrase o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das autoras máis importantes da Literatura Galega.
Para celebrar esta data, no cole decidimos realizar as actividades que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), baixo o lema deste ano #SEMENTADEPENSAMENTOS.
As aulas de primaria e infantil elaboraron cadansúa FLOR (un pensamento, pois é a flor favorita de Rosalía) e escribiron en cada un dos seus cinco pétalos, versos dalgúns poemas da escritora. Así quedou o noso mural:
Ademais, o alumnado de Infantil, 4ºEP e 5ºEP tamén gravou uns videos recitando algúns poemas de Rosalía. Por outro lado, os nenos e nenas de 1ºEP representaron con debuxos e bailes a canción "Alborada", do libro-CD Rosalía Pequeniña, de Uxía.
Na seguinte presentación podedes ver todas as actividades realizadas,. Esperamos que vos gusten!!
mércores, 2 de febreiro de 2022
30 de XANEIRO - DIA DA PAZ
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este curso no cole celebrámolo coa creación dun muro moi especial, pois nel recollénse palabras de PAZ que cada alumno e alumna quixo plasmar no seu ladrillo.
Está construído con tetrabricks reutilizados, para concienciar da necesidade de reutilizar materiais e de diminuír a contaminación de mares e océanos, enmarcado dentro do proxecto da biblioteca.
mércores, 22 de decembro de 2021
Recomendacións lectoras
Como cada curso, aquí vos deixamos as recomedacións coas últimas novidades en literatura infantil.
Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas algún LIBRO...tomade nota na seguinte presentación!
Tempo de NADAL
Xa está aquí o NADAL e este ano engalanamos o noso cole para celebrar estas datas! Cada aula decorou a súa porta...e que bonitas quedaron todas!
No seguinte vídeo podedes dar un paseo polos corredores e desfrutar da decoración navideña!
luns, 29 de novembro de 2021
25-N Día Internacional contra a Violencia de Xénero
No cole da Sionlla quixemos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero con diferentes actividades.
Cada curso elaborou a súa BOLBORETA VIOLETA, para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller.
xoves, 11 de novembro de 2021
Visita moi especial na nosa biblioteca
Marronciña acolleu na súa biblioteca un laboratorio itinerante das ciencias, onde os nenos e nenas puideron experimentar moitas cousas a través dun recurso tan valioso como é a auga. Esta actividade foi proposta a través da Asociación Adiantum, e organizada polo Equipo de Actividades.
mércores, 3 de novembro de 2021
SAMAIN na Sionlla
luns, 25 de outubro de 2021
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Para iso quixemos aproveitar este día para abrir a nosa biblioteca e facer entrega das mochilas viaxeiras como cada ano, coa axuda dalgúns alumnos e alumnas de 4º EP.
Estas mochilas viaxarán cada semana ás vosas casas, para que poidades desfrutar dos seus libros.
Agardamos que vos gusten!
mércores, 23 de xuño de 2021
mércores, 2 de xuño de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
Para conmemorar a celebración das Letras Galegas, tivemos o concerto de Pakolas para todo o cole e ademais como este ano non se puido facer o Festival, puxéronse en marcha dous concertos didácticos de música tradicional galega, levados a cabo por Pablo Seoane e David Canto, cos que aprendimos un montón!
Ademais aproveitamos a visita de Pakolas, para facer a entrega de premios do concurso das Letras.
Deixámosvos aquí unha presentación con fotos e vídeos para que poidades ver que ben o pasamos ese día.
Agardamos que vos guste!
martes, 11 de maio de 2021
ESCAPE ROOM XELA ARIAS
Para aprender un pouquiño máis sobre Xela Arias, a profe Ana en colaboración con outra mestra do CPI de Vedra elaborou este xogo de escapismo que esperemos que vós guste moito.



















